Un saúdo para o alumnado de 6ºEP do C.E.I.P. Os Muíños e para todos os que vos acheguedes a este blog.

Son o MAR, ese mar bravo que López Abente deixou inmortalizado nos seus poemas, o mar que proporciona alimento, o que une países, o que encerra lendas e historias de batallas navais, naufraxios...

Adéntrate comigo neste mundo e percorreremos xuntos 20.000 leguas de viaxe submariña guiados polo capitán Nemo a través da obra de Julio Verne, e tamén embarcaremos no galeón Praia de Quenxe co capitán John Pelo Crecho da man de Rivadulla "Corcón" e a súa obra "Os piratas da illa da Esperanza". Asegúroche que pasarás moi bos momentos.

CIDADANÍA

CIRCULACIÓN VIARIA


    Xa ves que a sociedade está chea de normas para favorecer a convivencia e tamén para mellorar a nosa seguridade. Este é outro aspecto importante. Pensa nas normas de circulación viaria, están concebidas para evitar accidentes.
    Imos repasar algunhas delas. Preme na fotografía e poderás ver un vídeo interesante.
AS NOSAS NORMAS

Despois de coñecer as normas básicas de convivencia, elaboramos as que vimos máis convenientes para unhas "pequenas sociedades":








NORMAS PARA REGULAR A CONVICENCIA NA SOCIEDADE


    A sociedade está formada por persoas e, para que a súa convivencia sexa pacífica, deben cumprir unhas normas
   A familia é unha pequena sociedade, tamén o son un grupo de alumnos que están na mesma clase, unha comunidade de veciños, un grupo de traballadores que comparten o mesmo lugar de traballo..., e pensando en grupos sociais maiores podemos nomear os habitantes dunha cidade, dunha comunidade autónoma, dun país...
  Moitos dos principios de convivencia para estes grandes grupos están recollidos nos Estatutos de Autonomía e na Constitución, que xa vimos no 1º trimestre.
   *Agora imos ser nós os que elaboremos as normas para grupos máis pequenos. En tríos, decidiremos que sociedade queremos analizar e elaboraremos unhas normas para regular a convivencia pacífica entre os seus compoñentes.


COSTUMES, TRADICIÓNS E ESTILOS DE VIDA
   Na nosa clase a maioría somos galegos, sen embargo hai un sector do alumnado que chegou doutra comunidade e incluso doutro país. 
   Son iguais os nosos costumes, as tradicións, o estilo de vida?
   Temos a mesma lingua, o mesmo folclore, a mesma cultura, idénticas celebracións?
  Clica nos seguintes enlaces e poderás ver folclore galego, canario e senegalés.


DIÁLOGO E MEDIACIÓN PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
  Imos poñer en común os problemas e conflitos sobre os que traballamos individualmente así como as solucións que atopamos para eles.

   Cal é a forma de resolución que máis se repite?

   Que quere dicir iso?

HÁBITOS QUE FACILITAN E DIFICULTAN AS RELACIÓNS


1.-Moitas veces, nas relacións entre persoas, xurden os conflitos.
Sabes que é un conflito?

*Pensa nun problema ou conflito que viviras nos últimos días na casa, na rúa, no colexio...
*Nunha cariña dun folio fai un debuxo que represente ese conflito, e na outra cariña un debuxo que represente a posible solución.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Despois de ver estar película reflexionemos sobre ela:
1.- Que relación ten o título co argumento da película?
2.- Que concepto da muller tiña o granxeiro ó principio? É o mesmo que ten ó final? Por que?
3.-Que características destacarías na protagonista como muller traballadora?
4.-Cal é a túa visión dunha muller traballadora?


CONVIVENCIA PACÍFICA EN SOCIEDADE


    Para que exista unha convivencia pacífica entre os membros da sociedade, esa convivencia ten que apoiarse nos seguintes valores: respecto, tolerancia, solidariedade, xustiza, compromiso, cooperación e paz.

   Coñeces o significado de todas estas palabras? Comezaremos por aí. Por parellas intentade definir esos termos. Podedes usar diccionarios.

  Busquemos os valores anteriores nesta película:

LOS CHICOS DEL CORO




ORGANIZACIÓNS QUE LOITAN POLOS DEREITOS DAS PERSOAS


    Sónanche estes nomes: Cruz Roja, Intermon Oxfam, Global Humanitaria?
    Son organizacións que loitan para que todo o mundo respecte os dereitos humanos.
Preme en cada unha delas para saber que traballo desenvolven.

QUE PODE SUCEDER CANDO NON SE TEÑEN EN CONTA OS DEREITOS E DEBERES DO ALUMNADO?
HOXE VEREMOS A PELÍCULA "COBARDES"


   Esta é a historia de dous estudantes de secundaria, un a víctima e o outro, o verdugo. Guille é, en apariencia, un rapaz como moitos: saca boas notas, é bo deportista e ten unha familia que o respalda. Descubre que actuar de "chulito" na clase dalle certo respecto, polo que, sen dubidalo, elixe unha víctima e, con calquera pretexto pasa o día acosándoa cos seu amigos. Gabriel é a víctima elexida.
     Ó final da película abriremos un debate para analizar a situación que vive o acosado.


DEREITOS E DEBERES DO ALUMNADO


   Con anterioridade estivemos falando dos dereitos e deberes das persoas en xeral. Hoxe imos centrarnos máis nos dereitos e deberes que temos como alumnado dun colexio.
   Para comezar, imos facer un listado dos que cremos que son os nosos dereitos dentro do centro e de cales son as nosas obrigas ou deberes como alumnos.


HOXE TOCA PELÍCULA: 
"QUIERO SER COMO BECKAM"

    Imos aplicar o que coñecemos dos dereitos humanos nesta película, a ver que conclusións sacamos.

         Fíxate no argumento: Os pais de Jess, queren que sexa unha convencional rapaza india, pero ela só quere xogar ó fútbol. Un día Jules, unha rapaza da súa idade convídaa a unirse ó equipo de fútbol feminino local. Os seus pais non entenden por que xoga ó fútbol en vez de estudiar Dereito e aprender a cociñar, por que non intenta parecerse á súa irmá maior que está prometida co home axeitado.



DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


Agora xa sabes o que son os dereitos humanos, como xurdiron, onde están recollidos, cantos son e a quen son aplicables.
Se premes na fotografía poderás ver un resumo de todos eles.
Por parellas, escolleredes un, lerédelo con calma, razonarédelo e copiarédelo nun folio acompañándoo dunha ilustración.


DEREITOS HUMANOS


Hai varios días que comezamos a falar dos dereitos humanos. Saberías decir o que son?
Entre todos aportade as vosas ideas. Copiarémolas na pizarra para que non se nos esquezan.
Agora preme aquí e fíxate ben no que pensan as persoas de distintas partes do mundo.
Tes as ideas un pouco máis claras? Entonces, seleccionemos da pizarra os conceptos que nos axudan a definir o que son os dereitos humanos.

CONDUTAS RESPONSABLES NO USO DAS TIC


Sabes o que son as TIC?
Sabías que para facer un bo uso delas é preciso ter sentido ético, autocontrol e seguridade?
Hoxe imos falar sobre este tema. Preme aquí para ver un vídeo que che pode dar idea dos problemas que trae o mal uso das TIC. Logo, preme aquí para velo dun xeito máis serio.
Ó final abriremos un debate para que expoñas o teu parecer ou aclares as túas dúbidas.

IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES


O 25 de novembro foi o día contra a violencia de xénero. Hoxe falaremos sobre o tema e valoraremos a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e de mulleres na familia e no mundo laboral e social.
Non debemos esquecer o artigo 14 da Constitución española: "Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social."

RESPONSABILIDADE POLOS PROPIOS ACTOS


*APRENDEMOS A DICIR "NON"
Non todo canto sucede ó noso arredor está ben nin merece a pena imitalo. Hai situacións tan prexudiciais que temos que aprender a dicir "non"
Que situacións desbotarías da túa vida? A que lle dirías que non?
...Preme aquí para ver un pequeno vídeo que logo comentaremos. Despois, para ver os efectos negativos destas situacións podes clicar aquí.

*RECLAMAR
Ás veces danos a sensación de que non obraron con nós como cabía esperar e vémonos na necesidade de reclamar.
Vamos a poñer exemplos de situacións nas que cremos necesario facer unha reclamación.
Logo pensaremos na maneira máis axeitada de presentar a nosa reclamación. Como debemos facelo? Ten en conta que todos somos humanos e podemos equivocarnos. O feito de reclamar tamén leva consigo respecto e educación.
Traballando por parellas un presentará unha reclamación por escrito e o outro daralle contestación.
Preme aquí para ver un modelo de reclamación.




*DESCULPARSE
Cando debemos desculparnos?
Debemos facelo sempre da mesma maneira?
Que características ten unha desculpa?
Preme aquí para ver un vídeo no que se explica como debemos pedir desculpas.
Logo en grupos de 3 pensaremos nunha situación real na que debamos desculparnos e pediremos perdón seguindo o modelo do vídeo.




*AGRADECER
Sabes o importante que é dar as grazas?
Por que damos as grazas?
Imos reflexionar sobre eses momentos nos que nos sentimos agradecidos. 
Preme aquí e poderás ver un vídeo con 88 maneiras de dar as grazas.
Logo por parellas pensaremos nunha situación de agradecemento e ilustrarémola nun cartel.





TRIUNFAR COMO PERSOA

Método de traballo:
-Formamos 4 grupos
-Cada grupo escolle un personaxe coñecido 
-Pensamos cales son as causas do seu triunfo.
-Relacionamos estes elementos coa consecución do seu triunfo:
  *esforzo
  *colaboración
  *intelixencia
  *acción
  *adestramento
-Elaboramos un mural que resume o razonamento do grupo e engadimos unha fotografía do noso personaxe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario